
ECO-BOSQUE
Restauración do Ecosistema Fluvial e creación dun Bosque de Saude no Río Sar, o seu paso polo Banquete de Conxo (Santiago de Compostela)
Santiago de Compostela atópase situada entre as concas dos ríos Sar e Sarela. Esta localización confírelle á cidade unhas características naturais e culturais singulares e achégalle grandes espazos de bosque de ribeira que constitúen un excelente recurso. Por outra parte, a proximidade dos ríos e a progresiva humanización da contorna implican un risco asociado de vulnerabilidade, perda de biodiversidade ou fragmentación de hábitats. O Concello de Santiago vén traballando para emendar esta problemáticas en diferentes áreas dos ríos Sar e Sarela, co fin de crear un anel verde que conecte os espazos naturais da zona urbana e periurbana e en busca dunha cidade máis verde e adaptada ao cambio climático.
Eco-bosque conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica e o Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.
BOSQUE DO BANQUETE DE CONXO
A zona, dun gran valor natural e histórico, conta con exemplares arbóreos de dimensións excepcionais (pradairos, amieiros, carballos…) entre os que destaca a presenza dalgúns carballos centenarios, representantes da antiga carballeira que a rodeaba. O máximo expoñente arbóreo é o Carballo de Conxo, de 250 anos, nomeado a árbore europea do ano en 2022.
Dadas as carencias detectadas, o potencial natural e cultural existente, unha localización que permitiría continuar coa conectividade das zonas verdes de Santiago e a súa recente incorporación ao ámbito público, considerouse este enclave como ideal para o proxecto.
Eco-bosque do Río Sar
Restauración do Ecosistema Fluvial e creación dun Bosque de Saúde no río Sar, o seu paso polo Banquete de Conxo (Santiago de Compostela).
INVENTARIO DE RECURSOS NATURAIS
Co obxecto de especificar e definir as intervencións que se van acometer requírese a elaboración dun inventario de recursos naturais na área en cuestión, coa correspondente análise e valoración dos servizos ecosistémicos xerados (utilizando o software i-tree eco). Desta maneira preténdese mellorar o coñecemento do espazo natural e establecer os valores de referencia cos que implementar as medidas propostas da forma máis adecuada e eficiente posible.
Se inventariarán árboles, masas vegetales y fauna, obteniendo una base de datos que se podrá plasmar en una aplicación GIS, lo que permitirá localizar los distintos elementos que componen el territorio, con un nivel de detalle mayor en las inmediaciones del río Sar y su bosque de ribera (extensión longitudinal de 2.500m aproximadamente)
Neste inventario rexistraranse árbores, masas vexetais e fauna, obtendo unha base de datos que se poderá plasmar nunha aplicación GIS, o que permitirá localizar os distintos elementos que compoñen o territorio cun nivel de detalle maior nas inmediacións do río Sar e no seu bosque de ribeira (extensión lonxitudinal de 2.500 m aproximadamente)
Recolleranse datos detallados daquelas masas vexetais de maior valor para a súa posterior análise co software i-tree, que permite realizar unha estimación dos servizos ecosistémicos xerados polo arboredo. Esta diagnose facilitará o seguimento de indicadores e un uso divulgativo dos beneficios derivados das árbores do bosque de saúde do río Sar.
Se o desexas poder ver ou descargar o documento neste desplegable.
INFORME DE BIODIVERSIDADE FAUNÍSTICA
O documento recolle os resultados de diferentes estudos realizados durante a primavera de 2026 por profesionais, entidades e empresas especializadas en fauna e conservación da biodiversidade: a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), SEO BirdLife, Morcegos Galicia, Sorex Ecoloxía e Medio Ambiente S.L.U., a Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN) e profesionais do propio Concello de Santiago. Este traballo conxunto permitiu elaborar unha radiografía actualizada da riqueza ecolóxica do Bosque do Banquete de Conxo e do río Sar ao seu paso por este ámbito periurbano.
O informe confirma o elevado valor ambiental deste espazo, no que converxen ecosistemas fluviais, bosque de ribeira, masas arbóreas maduras, zonas húmidas e áreas abertas que favorecen a presenza dunha importante diversidade de especies. En total, identificáronse 73 especies de fauna que comprenden 8 especies de anfibios, 46 especies de aves, 5 especies de morcegos e 14 especies de mamíferos terrestres, algunhas delas incluídas en diferentes figuras de protección autonómicas, estatais e europeas. O estudo evidencia tamén a presenza de especies vulnerables e de especial interese para a conservación ó estar incluídas no Listado de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE), no Catálogo Español de Especies Ameazadas e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas, así como noutras figuras de protección ambiental.
Se o desexas poder ver ou descargar o documento neste desplegable.
Os traballos realizados permitiron tamén avaliar o estado ecolóxico do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo mediante análises biolóxicas e físico-químicas da auga. Os resultados apuntan á existencia de presións ambientais relevantes, especialmente asociadas á elevada concentración de nitratos detectada nun dos puntos de mostraxe e á alteración histórica do ecosistema fluvial.
O informe identifica ademais algunhas das principais ameazas para a biodiversidade do ámbito, entre elas a fragmentación dos hábitats, a expansión urbana, a presenza de especies exóticas invasoras, a contaminación acústica e lumínica ou a degradación da calidade da auga. Neste contexto, o documento sinala a necesidade de continuar impulsando medidas de restauración ecolóxica, mellora da conectividade ambiental e seguemento científico a medio e longo prazo.
Se o desexas podes descargar o Informe de biodiversidade faunística.
ESTUDIO HIDROLÓXICO DO CAUCE E CAUDAL DO RIO SAR
Levará a cabo unha análise diagnose específica do tramo do río Sar obxecto do proxecto para coñecer o comportamento e a calidade da auga, así como o funcionamento interno do río, detectando aquelas zonas máis vulnerables e o nivel de caudal que se alcanza nas riadas, para poder determinar as zonas e as metodoloxías idóneas para as accións encamiñadas a mitigar o efecto das enchentes e a maximizar a funcionalidade do hábitat para que sexa perdurable e sostible no tempo.
Este traballo representa a base sobre a que aplicar as solucións que son o cerne do proxecto, pois é necesario contar cun coñecemento concreto da zona e do comportamento do río para actuar da maneira máis óptima e funcional, buscando o menor deterioro posible e o máximo beneficio.
Se o desexas poder ver ou descargar o documento neste desplegable.

PROYECTO DE RESTAURACIÓN DEL ECOSISTEMA FLUVIAL Y CREACIÓN DE UN BOSQUE DE SALUD EN EL RÍO SAR, A SU PASO POR EL BANQUETE DE CONXO (Santiago de Compostela)
Mellorando a consolidación das beiras mediante sistemas que eviten a súa erosión e recuperando a vexetación de ribeira con métodos naturais como o “Palmiter”.
Depurando a auga drenada desde as infraestruturas viarias próximas á área de intervención.
Para favorecer o desenvolvemento de exemplares singulares e o control da vexetación invasora de cara a evitar que colonice a contorna.
Para o que se procederá á descompactación do terreo no que se atopa, achegando substrato, acolchando (muclh) e liberando competencia de árbores próximas.
Anteriormente desviado nas obras do ferrocarril.
E en xeral de toda a biodiversidade, creando elementos para a participación e a implicación cidadá (caixas niño, observatorios de aves, hoteis de insectos, comedeiros…)
Mediante plans de gobernanza e plans de comunicación, fomenten as decisións consensuadas e a achega de entidades afectadas, a información aberta e transparente que favorece a implicación cidadá e o número de persoas involucradas no proxecto. Trátase de mellorar e aumentar o coñecemento da poboación sobre os servizos ecosistémicos do espazo fluvial.

UN BOSQUE DE SAÚDE PARA A CIDADANÍA
Fomentar o desenvolvemento dunha vexetación e dun bosque de ribeira adecuado representa a solución máis sostible, natural e eficiente para mitigar efectos de inundacións, controlar a erosión…, á vez que se aumentan e se poñen en valor os beneficios ecosistémicos para habitantes e turistas de Santiago (mellora da calidade do aire, mitigación do efecto de illa urbana de calor…), mantidos e aumentados no tempo. Esta contorna vai constituírse nun espazo de saúde onde se promoverán actividades de conexión e relaxación á vez que se fomentará a participación e consciencia ambiental.
Participa
Este proxecto pretende a mellora e a recuperación do hábitat fluvial do Bosque do Banquete de Conxo e do río Sar, e a creación dun bosque de Saúde para a cidadanía. Na filosofía deste proxecto para levar a cabo as accións de recuperación búscase a implicación e de todos os sectores nas diferentes actividades e talleres que se poidan levar a cabo.
Se quere participar pode inscribirse no seguinte formulario.
Salvo que se indique lo contrario, toda la documentación, textos, imágenes y creaciones producidas por el proyecto EcoBosque se distribuyen bajo la licencia Creative Commons Atribución–NoComercial–CompartirIgual 4.0 Internacional (CC BY-NC-SA 4.0). Esto permite copiar, redistribuir y adaptar el material siempre que se atribuya correctamente la autoría, y que los materiales no se utilicen con fines comerciales.




