O presente documento forma parte do proxecto de restauración fluvial financiado pola fundación Biodiversidade
O presente documento forma parte do proxecto de restauración fluvial financiado pola fundación Biodiversidade, denominado: “Proxecto de Restauración do Ecosistema Fluvial e creación dun Bosque de Saúde no río Sar, ao seu paso polo Banquete de Conxo (Santiago de Compostela)”
O proxecto baséase na mellora e a restauración ambiental do ecosistema fluvial do Bosque do Banquete de Conxo, situado nas inmediacións do río Sar en Santiago de Compostela. O ecosistema fluvial do río Sar representa unha zona de oportunidade para a transformación da cidade de Santiago de Compostela. Trátase dun enclave único cun rico patrimonio natural e histórico, onde destaca unha poboación de carballos excepcionais, sendo o maior representante o Carballo de Conxo (nomeado Árbore do Ano 2022)