O Día Mundial do Clima celébrase cada 26 de marzo, xurdiu a partir de iniciativas promovidas pola Organización Meteorolóxica Mundial, dependente da Organización das Nacións Unidas, co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia do clima e os efectos da actividade humana no seu equilibrio. Esta conmemoración foi gañando relevancia nas últimas décadas, especialmente ante o avance do cambio climático, converténdose nunha data crave para sensibilizar á poboación, promover hábitos sostibles e reforzar compromisos internacionais como o Acordo de París, fundamentais para facer fronte a un dos maiores desafíos ambientais do século XXI.
Neste episodio o invitado é Alberto Martí, climatólogo e investigador especializado en extremos climáticos, sobre cambio climático, variabilidade atmosférica e o impacto das ondas de calor e frío no territorio. Fálase de como está a cambiar o clima na Península Ibérica, de fenómenos extremos cada vez máis frecuentes e intensos, e de como estes afectan á a nosa saúde, ás cidades e á forma na que vivimos. Da importancia das proxeccións climáticas, dos servizos climáticos e da necesidade de tomar decisións informadas nun contexto de incerteza. Un episodio que nos lembra que o clima non é só unha cifra nun gráfico: é o contexto que fai posible a vida.

O Proxecto EcoBosque forma parte dunha estratexia integral de recuperación ambiental, coidado da biodiversidade e participación cidadá, promovida polo Concello de Santiago de Compostela e co apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Esta iniciativa está integrada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.