O proxecto ecoBosque publica o noveno capítulo do seu podcast no Día Mundial da Saúde

No Día Mundial da Saude o proxecto ecoBosque publica o noveno episodio do podcast "Faladoiro ecoBosque" con Belén Caballo e Rubén Matínez como convidadas.

O Día Mundial da Saúde celébrase cada 7 de abril. Estableceuse en 1948 para conmemorar a fundación da Organización Mundial da Saúde nese día e o obxectivo é o de concienciar sobre temas importantes de saúde pública a nivel global. Este ano 2026 a temática enfocouse na relevancia da ciencia e da evidencia para mellorar a saúde global.

Con motivo deste día mundial, dende o Faladoiro EcoBosque invitouse a María Belén Caballo Villar, profesora de Pedagoxía Social na Universidade de Santiago de Compostela, e a Rubén Martínez García, investigador da USC no ámbito da educación e da relación entre natureza e benestar, para gravar un episodio.

A temática de dito episodio céntrase no que significa realmente vivir con saúde nun mundo acelerado: fálase dos tempos da vida diaria, do valor do ocio educativo, da importancia do contacto coa natureza e do papel da comunidade e da educación na construción do benestar. Unha conversa sobre ritmos, aprendizaxe e territorio que nos lembra que a saúde tamén se cultiva nos espazos que habitamos e no tempo que compartimos.

image

O Proxecto EcoBosque forma parte dunha estratexia integral de recuperación ambiental, coidado da biodiversidade e participación cidadá, promovida polo Concello de Santiago de Compostela e c o apoio da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO). Esta iniciativa está integrada no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.