O Ecobosque do Sar énchese de vida coa II Carreira de Orientación, un éxito de participación familiar

O Ecobosque do río Sar viviu onte, domingo 15 de xuño, unha auténtica festa do deporte e da natureza coa celebración da II Carreira de Orientación EcoBosque.

O Ecobosque do río Sar viviu onte, domingo 15 de xuño, unha auténtica festa do deporte e da natureza coa celebración da II Carreira de Orientación EcoBosque. A proba, que pechaba as actividades da campaña municipal “Sementar, non contaminar” polo Día Mundial do Medio Ambiente, superou todas as expectativas cunha masiva afluencia de participantes, entre os que destacou a notable presenza de ducias de familias e grupos de amigos.

Máis alá da competición, o verdadeiro éxito da xornada foi o seu carácter comunitario e interxeracional. Equipos formados por pais, nais, fillos e avós tomaron o bosque para gozar dunha mañá de lecer saudable, demostrando que a orientación é unha actividade perfecta para todas as idades. A categoría ‘Xestiñas’, deseñada especificamente para o público infantil , foi unha das máis concorridas e reflectiu o espírito lúdico e colaborativo que a organización buscaba promover.

A carreira puxo o broche de ouro a dúas semanas de intensa actividade baixo o lema “Sementar, non contaminar”, que buscou concienciar sobre a necesidade de poñer fin á contaminación por plásticos. Dende o Concello agradécese a magnífica acollida de todas as propostas e a colaboración de entidades como Xesta natureza na organización da proba, emprazando á cidadanía a seguir participando nas futuras iniciativas ambientais.

El Proyecto EcoBosque forma parte de una estrategia integral de recuperación ambiental, cuidado de la biodiversidad y participación ciudadana, promovida por el Concello de Santiago de Compostela y con el apoyo de la Fundación Biodiversidad del Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO). Esta iniciativa está integrada en el Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado por la Unión Europea – NextGenerationEU.