Eliminación da Phyllostachys sp (Bambú) no Bosque do Banquete de Conxo
O Bambú (Phyllostachys sp) é unha das especies vexetais máis perigosas a nivel mundial. Foi incluída na lista das 100 peores especies biolóxicas invasoras polo Grupo de Especialistas en Especies Invasoras (ISSG).
Durante o mes de febreiro estívose a realizar unha labor intensiva para erradicar a especie invasora Phyllostachys sp (Bambú) no Bosque do Banquete de Conxo. Esta acción, clave dentro do proxecto ECO‐BOSQUE, liderado polo Concello de Santiago e apoiado por la Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR) e financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, ten como obxectivo a eliminación da planta invasora e a recuperación da biodiversidade natural da zona.

🌱 ¿Por que eliminar o Bambú (Phyllostachys sp) Invasor?
O Bambú (Phyllostachys sp) é unha das especies vexetais máis perigosas a nivel mundial. Foi incluída na lista das 100 peores especies biolóxicas invasoras polo Grupo de Especialistas en Especies Invasoras (ISSG). Como especie invasora, a súa presenza pode desprazar ás plantas autóctonas, alterar drásticamente a biodiversidade local e modificar a dinámica de erosión e de sedimentación do chan, ademáis de consumir grandes cantidades de auga e nutrientes, limitando así os recursos dispoñibles para outras especies.
🛑 Principales Impactos negativos desta planta no ecosistema do Bosque do Banquete de Conxo:
🔥 A súa grande biomasa representa un alto risco de incendios forestais.
🌿 Desprazamento da vexetación riparia autóctona, afectando ó hábitat da fauna terrestre asociada.
🌊 Redución da capacidade de drenaxe do río Sar e das canles ao acumular cantidade de sedimentos.

🛠️ Método de Eliminación: Acolchado con Mantas Opacas
O acolchamento, ou mulching, consiste en cubrir o chan, unha vez arrincado o bambú, con materiais opacos para impedir a xerminación ou rebrote do bambú ao privar á planta de luz e de osíxeno.
- 🏗️ Materiais Sintéticos: Plásticos opacos que bloquean completamente a luz.
- 🍂 Materiais Orgánicos: Palla ou outros materiais biodegradables que enriquecen o chan ao se descompoñer.
🌿 Beneficios deste Método:
✅ Ecolóxico: Non require herbicidas químicos.
✅ Eficaz: Ten unha taxa de erradicación próxima ao 100% se se realiza un mantemento axeitado.
✅ Recuperación do Chan: Ao eliminar o Bambú invasor, restáurase o bosque de ribeira autóctono.
📝 Proceso de Aplicación:
1 Preparación do Terreo: Elimínase manualmente o bambú e a materia vexetal solta.
2 Colocación da Manta: Esténdese o material opaco de cubrición sobre a zona afectade, asegurando que cubra completamente a superficie e que quede ben fixada ao chan.
3 Tempo de Exposición: As lonas deberán permanecer alo menos 18 meses na ribeira para esgotar as reservar dos talos subterráneos do bambú.
4. Retirada da Manta: Tras 18 meses, retírase a cobertura e lévase a cabo a segunda fase, que consiste na plantación de especies autóctonas de ribeira. 🌳

💡 Como Podes Axudar?
🔎 Infórmate: Aprende a identificar o Bambú (Phyllostachys sp) invasor e coñéce o seu impacto no medio ambiente.
🤝 Participa: Únete ás xornadas e equipos de voluntariado para a súa eliminación.
🏡 Prevención: Evita plantar canas de bambú en xardíns e terreos naturais.
🔊 ¡A túa colaboración é clave para erradicar o bambú e protexer a biodiversidade do Bosque do Banquete de Conxo! 🌍💚