O proxecto EcoBosque do Banquete de Conxo estrea o podcast “Faladoiro ecoBosque” no Día Mundial dos Humidais

Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais, o proxecto Ecobosque lanza a súa nova canle de podcast “Faladoiro ecoBosque: Conversas sobre natureza, memoria e futuro do Río Sar”. Trátase dun espazo sonoro para reflexionar sobre a relación entre os ecosistemas fluviais, a historia e os retos ambientais do futuro. O primeiro episodio, unha conversa con Manel Leira sobre o valor ecolóxico e social dos humidais, xa está dispoñible en Spotify.