Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” Viaqua

Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” Viaqua

O persoal traballador de Viaqua participou nunha xornada de erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo, dentro do marco do proxecto EcoBosque.

O 19 de febreiro, persoal traballador de Viaqua participou nunha xornada de erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo, dentro do marco do proxecto EcoBosque. Esta especie exótica invadiu unha parte significativa do Bosque, poñendo en risco a biodiversidade da área ao desprazar ás especies autóctonas.

Durante a xornada, o voluntariado de Viaqua traballou na retirada manual da planta, asegurándose de que as raíces tamén se eliminaran para evitar a súa reaparición. Esta acción é crucial para o éxito do proxecto EcoBosque, que busca restaurar e conservar os ecosistemas fluviais e crear un espazo saudable e sostible para as xeracións futuras.

A participación de Viaqua nesta iniciativa pon en valor o compromiso da empresa coa protección do medio ambiente e o seu apoio ás acción de restauración ecolóxica na comunidade local. A empresa continuará  a colaborar en futuras xornadas  no marco do proxecto EcoBosque.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *