Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” SD Compostela

Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” SD Compostela

¡Súmate COMPOSTELA!

Integrantes da SD Compostela uníronse á xornada de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis  na contorna do Bosque do Banquete de Conxo.

O 20 de febreiro, integrantes da SD Compostela uníronse á xornada de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis  na contorna do Bosque do Banquete de Conxo. Esta acción forma parte do proxecto EcoBosque, que ten como obxectivo restaurar os espazos naturais do Banquete de Conxo e protexer a súa biodiversidade.

Os xogadores do Compostela e membros do clube, colaboraron activamente na retirada da planta invasora, axudando a preservar a vexetación autóctona da área e restaurarando o  equilibrio ecolóxico na zona. A xornada foi unha valiosa oportunidade para sensibilizar sobre a importancia da conservación ambiental e o impacto pernicioso que teñen as especies invasoras nos ecosistemas locais.

A SD Compostela seguirá colaborando con futuras accións dentro do marco do proxecto EcoBosque, mostrando  o seu compromiso coa protección do medio ambiente e a sostenibilidade.

¡Súmate COMPOSTELA!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *