Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” Proxecto Montepedroso

Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” Proxecto Montepedroso

Os integrantes do Proxecto Montepedroso do Concello de Santiago, participaron na campaña de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis  no Bosque do Banquete de Conxo.

O 18 de febrero, os integrantes do Proxecto Montepedroso do Concello de Santiago, participaron na campaña de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis  no Bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Esta especie, coñecida como “orella de gato”, é orixinaria de Sudamérica e se ten extendido rápidamente pola contorna, afectando á biodiversidade e desprazando á vexetación autóctona.

A intervención dos participantes consistíu na retirada manual da planta, un traballo meticuloso para evitar que se propague a outras zonas. A Tradescantia é moi resistente e reprodúcese con facilidade, o que fai crucial o seu control para preservar o equilibrio do ecosistema. A campaña de eliminación da tradescantia é parte do proxecto EcoBosque, que busca restaurar e conservar os espazos naturais do Bosque do Banquete de Conxo, mediante accións sostibles que protexan a súa biodiversidade e permitar a recuperación da súa flora e fauna nativas.

O Proxecto Montepedroso ten demostrado o seu compromiso coa protección do medio ambiente e continuará a colaborar en futuras actividades de conservación e restauración da zona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *