Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” Obradoiro CAB
¡Mans á OBRA!
Membros do Obradoiro CAB participaron na erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis na contorna do Bosque do Banquete de Conxo.
O 20 de febreiro, membros do Obradoiro CAB participaron na erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis na contorna do Bosque do Banquete de Conxo. Este tipo de intervención é parte do proxecto EcoBosque, que busca restaurar a biodiversidade da área afectada pola expansión desta especie invasora.
Os xogadores do equipo de baloncesto Monbus Obradoiro traballaron na retirada manual da planta, unha tarefa que require esfozo e dedicación para evitar a súa propagación. A xornada permitiu ós membros do clube non só contribuir ó medio ambiente, senón tamén coñecer de preto os efectos perniciosos das especies invasoras sobre el ecosistema local.
O Obradoiro CAB continuará colaborando en actividades similares dentro do proxecto EcoBosque, reafirmando o seu compromiso coa sostenibilidade e a conservación do patrimonio natural de Santiago de Compostela.
¡Súmate. Mans á Obra!





