Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” Inserta
Membros da entidade Inserta uníronse á campaña de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo.
O 20 de febreiro, membros da entidade Inserta uníronse á campaña de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo. Esta especie representa unha seria ameaza para a biodiversidade da área, xa que despraza ás plantas nativas e altera o equilibrio do ecosistema local.
A actividade desenvolveuse dentro do marco do proxecto EcoBosque, que ten como obxectivo restaurar o Bosque do Banquete de Conxo e protexer a súa biodiversidade. O voluntariado de Inserta colaborou na retirada da Tradescantia, axudando a preservar as especies autóctonas e a restaurar a beleza natural do bosque. Esta acción foi unha valiosa oportunidade para contribuir á sostenibilidade e ó coidado do medio ambiente. Inserta continuará apoiando futuras accións dentro do proxecto EcoBosque, reafirmando o seu compromiso coa conservación dos espazos naturais e a biodiversidade.





