Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” CPR Divino Maestro

Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” CPR Divino Maestro

A colaboración da comunidade educativa nesta iniciativa é esencial para o éxito de proxectos como Eco-Bosque, que buscan recuperar e preservar espazos naturais de gran valor ecolóxico e cultural.

O 19 de febreiro, alumnado do CPR Divino Maestro uníronse á campaña para a eliminación da  planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo. Esta planta é unha das principais ameazas á biodiversidade local, xa que despraza ás especies nativas e altera os equilibrios ecolóxicos  nas zonas húmidas e sombrizas como o Banquete de Conxo.

A actividade consistíu na retirada manual da planta, baixo a supervisión de especialistas en restauración ecolóxica. A intervención forma parte do proxecto EcoBosque, unha iniciativa deseñada para mellorar e conservar os espazos naturais do bosque, permitindo a rexeneración da flora autóctona e asegurando un hábitat axeitado para a fauna local.

A participación do alumnado nesta campaña foi unha experiencia educativa enriquecedora, que lles permitiu comprender a importancia deste tipo de acción para o mantemento dos ecosistemas e o impacto negativo que as especies invasoras poden ter na contorna. O CPR Divino Maestro continuará implicado en este tipo de actividades, promovendo a conciencia ambiental entre o seu alumnado e reafirmando o seu compromiso coa educación ambiental e a protección do patrimonio natural de Santiago de Compostela.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *