Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” CEIP Vite

Campaña de voluntariado “Eliminemos la Tradescantia” CEIP Vite

A colaboración da comunidade educativa nesta iniciativa é esencial para o éxito de proxectos como Eco-Bosque, que buscan recuperar e preservar espazos naturais de gran valor ecolóxico e cultural.

Onte 17 de febreiro, estudantes de 5º e 6º de primaria do CEIP Vite participaron nunha xornada de eliminación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Esta especie, coñecida comúnmente como “orella de gato”, expandiuse rápidamente na zona, afectando á vexetación autóctona e alterando o equilibrio ecolóxico da área.

A actividade consistiu na retirada manual da Tradescantia, unha tarefa que require precisión para evitar a súa dispersión e propagación. O estudiantado, baixo a supervisión de expertos, encargaouse de arrincar a planta de raíz, asegurándose de eliminala por completo para previr a súa reaparición. Esta acción forma parte do proxecto Eco-Bosque, unha iniciativa destinada a restaurar o ecosistema fluvial e crear un “Bosque de Saúde” no río Sar, ao seu paso polo Banquete de Conxo.

A participación activa do alumnado neste proxecto non só contribúe á conservación da contorna natural, senón que tamén supón unha valiosa experiencia educativa sobre a importancia da biodiversidade e a xestión ambiental. Ademáis, permítelles comprender de maneira práctica os desafíos asociados á erradicación de especies invasoras e á restauración de ecosistemas.

O CEIP Vite participa activamente nesta campaña reafirmando o seu compromiso coa educación ambiental e a protección do patrimonio natural de Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *