Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” CEIP Cardeal Quiroga Palacios

Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” CEIP Cardeal Quiroga Palacios

A colaboración da comunidade educativa nesta iniciativa é esencial para o éxito de proxectos como Eco-Bosque, que buscan recuperar e preservar espazos naturais de gran valor ecolóxico e cultural.

O 19 de febreiro, estudiantes do CEIP Cardeal Quiroga Palacios uníronse á campaña de erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Esta planta exótica está considerada unha amenaza grave para os ecosistemas locais, debido á súa capacidade de expandirse rápidamente e afogar á vexetación nativa.

Durante a xornada, o alumnado, acompañados de expertos en conservación ambiental, participaron na retirada manual da Tradescantia, asegurándose de que a súas raíces tamén se removerán para evitar a súa reaparición. Esta acción forma parte do proxecto EcoBosque, co obxectivo de crear un “Bosque de Saúde” na área do río Sar, a través da restauración ecolóxica e a eliminación de especies invasoras que perxudican a biodiversidade.

A participación do alumnado nesta campaña foi unha experiencia educativa enriquecedora, que lles permitiu coñecer de preto a problemática das especies invasoras e a importancia da conservación dos ecosistemas locais.

O CEIP Cardeal Quiroga Palacios continuará implicado nestas actividades, promovendo a conciencia ambiental entre o seu estudantado e reafirmando o seu compromiso coa educación ambiental  e a protección do patrimonio natural de Santiago de Compostela.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *