Campaña de voluntariado “Eliminemos a Tradescantia” CPR San José de Cluny
A colaboración da comunidade educativa nesta iniciativa é esencial para o éxito de proxectos como Eco-Bosque, que buscan recuperar e preservar espazos naturais de gran valor ecolóxico e cultural.
O 6 de marzo, estudiantes do CPR San José de Cluny uníronse á campaña de erradicación da planta invasora Tradescantia fluminensis no Bosque do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela. Esta planta exótica, coñecida tamén como “orella de gato”, ten colonizado amplas áreas do bosque e está considerada unha amenaza grave para os ecosistemas locais, debido á súa capacidade de expandirse rápidamente e afogar á vexetación autóctona.
Durante a xornada, as rapazas e rapaces do centro educativo, acompañados de expertos en conservación ambiental, participaron na retirada manual da Tradescantia, asegurándose de que a súas raíces tamén se removeran para evitar a súa reaparición. Esta acción forma parte do proxecto EcoBosque, unha iniciativa destinada a eliminar as especies invasoras e restaurar o ecosistema fluvial para crear un “Bosque de Saúde” na contorna do río Sar ao seu paso polo Banquete de Conxo.
A participación do activa do alumnado do CPR San José de Cluny neste proxecto non só contribúe á conservación da contorna natural, senón que tamén implica unha experiencia educativa enriquecedora, que lles permitiu coñecer de primeira man os desafíos asociados á erradicación de especies invasoras e a importancia da restauración dos ecosistemas locais.
O CPR San José de Cluny continuará implicado nestas actividades, promovendo a conciencia ambiental entre o seu estudantado e reafirmando o seu compromiso coa educación ambiental e a protección do patrimonio natural de Santiago de Compostela.





